Unha dozura telo na casa
Estes días pasou pola miña casa en Barcelona Paco Manrique. Fago mención porque con 40 anos decidiu estudiar cociña, esta carreira que nunca chega a súa fin. Cando tes o plato definitivo o que vai facer furor, xa tes outro que é millor. O millor de todo son as cousas que aprendin e das que quero facer reflexión hoxe. ¿Pagará tanto a pena facer horas coma animais?, ou xa é tempo de decidir cociñeiros, camareiros, e personal de servicios de hostelería, ¡vivamos coma os demais!. (Deixo reflexión).
Entre conversa e xantar, quedárome no paladar sabores que queria compartir hoxe con todos. Un browni, con noces e pasas, sobre este unhas mazás asadas, e sobre estas unha tona montada, e mesturada con curry, a verdade é que queda moi fresca a mestura. Facédea.
Feliz Vran, os que poidades, se a crise vos deixa, senon, con catro paus e un chouizo temos unha churrasca do máis modesto. Saudos
En tódolos servicios hostaleiros debería traballar xente cualificada no sector, nótase en moitos casos a falta de profesionalidade.
En Compostela estamos ansiosos de algún día, Paco Manrique e Jano Loimil monten o seu propio local, como gozaríamos todos e todas no máis amplo sentido da Palabra.
Aos loimil góstanos recibir cos brazos abertos a todo o mundo e aos González, sen dubida que tamén.