Terraactiva 2 e 3 de Outubro Arzúa
Arzúa, a “capital” galega dos produtos naturais
Xa se presentou a sétima edición da meirande feira ecolóxica de Galicia. Tanto o alcalde de Arzúa, Xaquín García, como a coordinadora do festival, Txeli Vicente, deron en destacar a importancia de que a vila coruñesa se convirta na “capital dos produtos naturais”, ademais de resaltaren os diversos eidos da programación da Feira.
En palabras do rexedor arzuán, o recinto feiral “Terra do queixo” será nos días 2 e 3 de outubro o referente no que a mercado verde se refire, feito que valorou moi positivamente. Pola súa banda, Txeli Vicente resaltou o feito de que a Feira “non deixa de medrar cada ano”, tanto en variedade de propostas como en calidade das mesmas.
Ademais, fixo alusión a que “o sete é un número máxico” e que “estamos traballando para que esta edición así o sexa”. Neste sentido, indicou que a Feira ecolóxica de Arzúa non é un festival ao uso, unha cita na que simplemente se reúne xente para asistir a un concerto ou a unha actuación teatral e que ampouco é só unha feira na que o obxecto sexa mercar e vender, senón que é a suma de persoas que, con “conciencia ecolóxica” viven e traballan pola sustentabilidade do territorio.
Máis oportunidades de participación
A diversidade, a conxunción de saberes e prácticas e, sempre, a conciencia ecolóxica marcan as liñas sobre as que se sostén esta proposta. O alcalde arzuán chamou a veciñanza a asistir ao evento, ao igual que a coordinadora do mesmo.
Máis variedade, menor duración e prezo dos obradoiros Formaterra, diversidade de outras propostas formativas (instrumentos tradicionais, cociña vegana, regueifas) ou xogos tradicionais durante toda a fin de semana son algunhas chaves que abren as portas á participación de todos os públicos na sétima edición da Feira.
Xunto con isto, a implicación da comarca arzuana será este ano moito máis fonda, xa que as cantareiras de Arzúa e o grupo de gaitas de Castro Curbín estarán durante o xantar e o peche da Feira amenizando a mesma, co que “o tecido social desta programación se fai máis forte”, indicaba Txeli Vicente.
Un grupo de música, Clave de Sol, que obtén a enerxía para os instrumentos de placas solares fotovoltaicas, a estea de “Mañá será outro día” da compañía galega de clown “Os Sete Magníficos máis Un” especialmente para nenos/as e de temática ambiental ou a maior presenza de cooperativas alimentares na Feira completan a ampla proposta da Feiractiva 2010.
Me gustaría presentar el centro wutan. En la próxima feria que organicen. El centro se dedica a las terapias alternativas y practicas meditativas si me envían los requisitos que son necesarios para presentarse en el año que viene les estaré agradecido.
Esperando vuestra respuesta me despido.
Hola Alberto,
Si quieres participar como expositor/a en esta feria de la Biodiversidad, mira las condiciones de participación que encontrarás en este enlace y rellena este formulario.
Saludos.