Blog sobre Gastronomía, Recetas, Consejos de Salud y Dietéticos, Restaurantes, Vinos, Novedades y Noticias…

queixo

Festa do Queixo de Arzúa 2012

Descarga o PROGRAMA 2012 e terás á man toda a información da festa!.

Benvid@s á 37ª Festa do Queixo!

Esta fin de semana Arzúa transfórmase nun espazo onde cabe o contemporáneo e o multidisciplinar a través dunha intensa programación de actividades. Un vieiro de acontecementos que aportan valor engadido cultural, didáctico e económico. Gastronomía, música, cultura, tradición, innovación, un lugar aberto a tod@s e pensado para tod@s.

O recinto feiral Terra do Queixo estará aberto o sábado 3 de 11 a 21h e o domingo 4 de 10 a 19h. Acolle durante 2 días a expositores artesáns e profesionais xunto con actividades formativas, culturais e de lecer, converténdose así no punto de encontro e gran espazo de intercambio. No posto da Organización (centro do recinto) puxemos o buzón de suxestións, ademais de información e un lote de artigos da festa. E como novidade este 2012 un Fotocall para saír co mellor sorriso!

A programación de obradoiros e actividades, conta con novidades pensadas especialmente para os máis pequenos/as e tamén os xa mozos/as. Moitas delas son de balde e as que non a prezo moi reducido. Destaca a celebración por vez 1ª dunha actividade especial dirixida aos centros educativos: diferentes catas comentadas con queixo da D.O.P. Arzúa-Ulloa e as outras denominacións de orixe galegas,  -Cebreiro, San Simón da Costa e Tetilla- organizada en colaboración cos Consellos Reguladores.

 

Sigue leyendo

Share

Festa do Queixo 2011 en Monterroso

PROGRAMA DE ACTOS PREVIOS Á FEIRA

Días 15 e 16
Obradoiros de elaboración artesanal de queixo
Catas didácticas de queixos
Lugar: IES MONTERROSO
Destinatarios: Alumnos e alumnas de ESO e BAC
FEIRA DO QUEIXO
Día 19
12:00 h. Inauguración da Feira
Ao longo de toda a mañá grabaráse o programa
VAIA TROULA da TVG, que será emitido pola
tarde nesta canle de televisión
Degustación de pinchos e tapas elaboradas polos
hosteleiros da vila con queixo de Arzúa Ulloa
dende as 18:30 ás 21:30 h.
Día 20
12:00 h. Recepción de autoridades na casa do concello
Percorrida polo recinto Feiral
Entrega de premios do concurso de tapas

Share
Siguenos en Facebook