Arzúa
Festa do Queixo de Arzúa 2012
Descarga o PROGRAMA 2012 e terás á man toda a información da festa!.
Benvid@s á 37ª Festa do Queixo!
Esta fin de semana Arzúa transfórmase nun espazo onde cabe o contemporáneo e o multidisciplinar a través dunha intensa programación de actividades. Un vieiro de acontecementos que aportan valor engadido cultural, didáctico e económico. Gastronomía, música, cultura, tradición, innovación, un lugar aberto a tod@s e pensado para tod@s.
O recinto feiral Terra do Queixo estará aberto o sábado 3 de 11 a 21h e o domingo 4 de 10 a 19h. Acolle durante 2 días a expositores artesáns e profesionais xunto con actividades formativas, culturais e de lecer, converténdose así no punto de encontro e gran espazo de intercambio. No posto da Organización (centro do recinto) puxemos o buzón de suxestións, ademais de información e un lote de artigos da festa. E como novidade este 2012 un Fotocall para saír co mellor sorriso!
A programación de obradoiros e actividades, conta con novidades pensadas especialmente para os máis pequenos/as e tamén os xa mozos/as. Moitas delas son de balde e as que non a prezo moi reducido. Destaca a celebración por vez 1ª dunha actividade especial dirixida aos centros educativos: diferentes catas comentadas con queixo da D.O.P. Arzúa-Ulloa e as outras denominacións de orixe galegas, -Cebreiro, San Simón da Costa e Tetilla- organizada en colaboración cos Consellos Reguladores.
Terraactiva 2 e 3 de Outubro Arzúa
Arzúa, a “capital” galega dos produtos naturais
Xa se presentou a sétima edición da meirande feira ecolóxica de Galicia. Tanto o alcalde de Arzúa, Xaquín García, como a coordinadora do festival, Txeli Vicente, deron en destacar a importancia de que a vila coruñesa se convirta na “capital dos produtos naturais”, ademais de resaltaren os diversos eidos da programación da Feira.